Saltar ao contido

Emilio Méndez Brandón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmilio Méndez Brandón
Biografía
Morte13 de maio de 1921 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosEmilio Méndez-Brandón Bartolomé Editar o valor en Wikidata
IrmánsEduardo Méndez Brandón Editar o valor en Wikidata

Emilio Méndez Brandón, finado en Santiago de Compostela o 13 de maio de 1921,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sobriño de Daniel Modesto Brandón e irmán de Eduardo Méndez Brandón. Avogado en Santiago de Compostela, foi concelleiro e síndico republicano na última década do século XIX. Fundou e dirixiu o xornal compostelán El Boletín del Pueblo ata o 25 de xuño de 1889, en que foi substituído polo tamén avogado Manuel García de Castro.[2] Era propietario dunha casa situada a carón de San Domingos de Bonaval.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Valentina Bartolomé González e foi pai de Emilio Méndez-Brandón Bartolomé.

  1. El Eco de Santiago, 13-5-1921, p. 3.
  2. "Dicen de Santiago". Diario de Avisos de La Coruña (en castelán) (A Coruña). 28-6-1889. p. 6.